Sinaturas contra a gasolineira diante do colexio Vales Villamarin firmar ahora

Os/as abaixo asinantes amosamos a nosa oposición á solicitude de licenza para a apertura dunha “Estación de Servicio”, sita na Avda. Fraga Iribarne s/n (parcela 327 do polígono 11), por todo isto, en cumprimento do Art. 8.3 do Decreto 133/2008 de 12 de xuño formulamos as seguintes alegacións que determinan a falta de idoneidade do emprazamento proposto para esta instalación:

1ª) Esta instalación atoparíase no eixo dunha zona residencial, escolar e deportiva, moi perto dun centro de ensino e unha escola infantil, entrando claramente en conflicto con esta zona e sendo lesiva para a mesma, o que determina a súa incompatibilidade. Estamos a referirnos ao CEIP Vales Villamarin, ao Francisco Aguiar, asi como a unha escola infantil que se atopa en fase de construcción e a zona deportiva.

2ª) O proxecto incumpre as limitacións previstas no artigo 35 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza, no tocante aos movementos de terra que alteren a topografía dos solos rústicos.
3ª) Perto da citada gasolineira atopase un antigo camiño real e unha capela catalogada que se veríann afectadas pola mesma, do mesmo xeito, existe unha fonte a escasa distancia da parcela incumprindo a normativa que fai incompatible estes usos coa existencia de cursos de auga.

4ª) O proxecto carece dun estudo de avaliación do impacto da gasolineira na estrada e, no seu caso, as necesarias medidas correctoras, tal e como esixe a Lei 4/1994 de estradas de Galiza. Así mesmo, o proxecto carece do preceptivo estudo de impacto no tráfico viario da zona de influencia da instalación e a proposta de ordenación para correxir o mesmo.

Por todo isto, SOLICITAMOS do Concello de Betanzos que admita as presentes alegacións e, previos os trámites pertinentes, informe negativamente e desestime a solicitude de licenza para a apertura dunha “Estación de Servicio” na Avda. Fraga Iribarne s/n (parcela 327 do polígono 11).

Firma La Campaña

Firma con Facebook
O

Si ya tienes una cuenta de acceso, de otra manera proceder a la matriculación y llenar los campos de abajoo.
Nombre de usuario, e-mail y la contraseña será de su cuenta, por lo que pueden firmar campañas de otros después de registrar.

Privacidad en los motores de búsqueda? Puede utilizar un apodo:

Cuidado, el e-mail tiene que ser válido para poder convalidar tu firma, sino será anulada.

Confirmo el registro y acepto Uso y limitaciones de los servicios

Confirmo que he leído la Política de privacidad

Acepto el procesamiento de datos personales

Tablón De Anuncios

Quién ha firmado esta petición también ha visto estas campañas:

Firma La Campaña

Firma con Facebook
O

Si ya tienes una cuenta de acceso

Comment

Confirmo el registro y acepto Uso y limitaciones de los servicios

Confirmo que he leído la Política de privacidad

Acepto el procesamiento de datos personales

Objetivo de la campaña
1 / 50000

Firmas Recientes

Información

Asociación de Veciños da Magdalena e a CondomiñaPor:
Escuela y EducaciónIn:
Destinatario de la campaña:
Concello de Betanzos

Patrocinadores oficiales de la campaña:
Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña

Etiquetas

asociación, colexio, condomiña, firmas, gasolineira, magdalena, sinaturas, vales, vecinos, villamarin

Comparte

Invita a los amigos de tu agenda

Códigos Para La Incorporación

URL directa

URL para html

URL para forum sin título

URL para forum con título

Widgets