MANIFESTO POLA PROFESIONALIZACIÓN DA ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN LABORAL firmar ahora

Os abaixo asinantes, profesionais da orientación laboral de Galicia afectados negativamente polo proceso de contratación efectuado para a cobertura dos postos de orientación e prospección recentemente realizado pola Xunta de Galicia, queren manifestar de xeito conxunto a súa posición ante o mesmo. Posición que consideramos necesario difundir co obxectivo de mellorar a profesionalización da nosa lobar profesional e a calidade do servizo que se presta.

Para nós o feito neste último proceso é a consecuencia da falta de consideración profesional da actividade de orientación laboral. Pero unha consecuencia que neste caso ten efectos moi negativos dada a actual situación do mercado laboral.

Por unha banda as persoas con formación e experiencia nesta área profesional non poden participar no proceso, algo claramente inxusto, ineficiente e ineficaz. Por outra, o servizo a prestar ás persoas en desemprego, e ó propio Servizo Público de Emprego galego, non cumplirá as mínimas garantías de calidade e efectividade que son máis que necesarias nun momento tan delicado en materia laboral. Ademáis, a falta de preparación do persoal a contratar retrasa a oferta de servizos que, desde o R.D. 3/2011 son un dereito das persoas en desemprego e unha obriga da administración.

Por esta razón queremos manifestar que:

O proceso de selección do persoal de orientación laboral, debe garantir a posibilidade de concursar ás persoas cun perfil profesional (experiencia e formación) axeitado ás funcións a desenvolver. Co procedemento elixido as titulacións universitarias con máis contidos específicos de orientación laboral e educativa, ou aquelas que falan do ámbito do comportamento das persoas, quedan fóra. Do mesmo xeito, en ningún momento a experiencia laboral neste labor se sitúa como un factor indispensable.

O proceso representa unha oportunidade perdida para a profesionalización de servizos públicos de especial significancia no dramático momento que estamos a vivir, no ámbito do mercado laboral e o emprego, con visibles consecuencias no eido social. Para nós constitue unha irresponsabilidade diante do desemprego máis alto e persistente da UE que neste momento non se teñan en conta o desenvolvemento competencial necesario para exercer profesionalmente neste campo. Ademais pérdese unha gran oportunidade de mellorar o traballo que xa se fai, camiñando na redución da temporalidade e multiplicando os recursos e o respaldo formativo do traballo de orientación laboral. Agora non é só un servizo máis. Formar parte do Catálogo de Servizos do SPE sitúa á orientación como un dereito das persoas e unha obriga da administración.

A orientación laboral conta cun corpus teórico e práctico que respalda a súa actuación. Non ofertar o servizo neste marco constitúe un engano.

Por último as persoas asinantes queren manifestar o seu compromiso coa profesionalización da actividade de orientación laboral. Considerámola, tal e como se afirma tanto en contidos técnicos como en contidos legais, a peza indispensable sobre a que deben pivotar as Políticas Activas de Emprego. Pero tamén a consideramos un servizo fundamental dada a situación de desemprego de, un máis que excesivo, número de persoas. Situación que non parece que vaia cambiar no futuro próximo.

Firma La Campaña

Firma con Facebook
O

Si ya tienes una cuenta de acceso, de otra manera proceder a la matriculación y llenar los campos de abajoo.
Nombre de usuario, e-mail y la contraseña será de su cuenta, por lo que pueden firmar campañas de otros después de registrar.

Privacidad en los motores de búsqueda? Puede utilizar un apodo:

Cuidado, el e-mail tiene que ser válido para poder convalidar tu firma, sino será anulada.

Confirmo el registro y acepto Uso y limitaciones de los servicios

Confirmo que he leído la Política de privacidad

Acepto el procesamiento de datos personales

Tablón De Anuncios

Quién ha firmado esta petición también ha visto estas campañas:

Firma La Campaña

Firma con Facebook
O

Si ya tienes una cuenta de acceso

Comment

Confirmo el registro y acepto Uso y limitaciones de los servicios

Confirmo que he leído la Política de privacidad

Acepto el procesamiento de datos personales

Objetivo de la campaña
26 / 100

Firmas Recientes

Información

Orientación Laboral GaliciaPor:
TrabajoIn:
Destinatario de la campaña:
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Consellería de Traballo e Benestar

Patrocinadores oficiales de la campaña:
Orientadores laborales de Galicia

Etiquetas

empleo, laboral, orientación

Comparte

Invita a los amigos de tu agenda

Códigos Para La Incorporación

URL directa

URL para html

URL para forum sin título

URL para forum con título

Widgets