Declaración Institucional da Coordinadora Galega pola Paz en relación coa crecente conflitividade militar en Oriente medio firmar ahora

Nos últimos meses a situación en Oriente Medio está a sufrir unha escalada de violencia, morte, destrución e tortura, insoportables para as persoas cun mínimo de sensibilidade en relación co sufrimento alleo.

Palestina, eterno conflito rexional non resolto, singularmente, a franxa de Gaza, vive o acoso permanente da aviación israelí, os asasinatos selectivos, o bombardeo sistemático das vivendas e da poboación civil, provocando a morte de nenos e anciáns inocentes, alonxando, de novo, as oportunidades para a paz.

Siria, nunca auténtica guerra civil non declarada, vive o horror dun réxime que non dubida en afogar, con armamento pesado e a violencia máis cruel, as protestas e as demandas da súa sociedade civil e dos seus grupos de resistentes armados, nunca confrontación desigual e interposta moito máis ampla e na que participan actores diversos de carácter relixioso, económico e militar, nomeadamente Occidente e algúns países árabes, axudando ós combatentes armados, e por outra parte, o exército e as milicias paramilitares de Bashar al Assad. Neste conflito bélico, que leva xa un ano activo, as Nacións Unidas, por medio do enviado especial da ONU e da Liga Árabe, Koffi Annan, tentan un alto o fogo que parece imposible de materializarse nos escenarios do conflito. Mentres, as cidades rebeldes viven o horror da violencia máis extrema, e as organizacións internacionais, Amnistía Internacional ou Human Rights Watch, denuncian torturas e crimes contra da humanidade. Co precedente máis inmediato de Libia, Rusia e China opóñense no Consello de Seguridade a calquera tentación intervencionista de carácter militar occidental.

Irán, cun programa de enriquecemento de uranio moi avanzado, podería ingresar no club nuclear en pouco tempo, o que desperta en Israel, a única potencia atómica da rexión, desexos irrefreables de intervención militar co apoio, directo ou indirecto, dos EE.UU. Aínda que, polo momento, o presidente Obama resiste as presións do goberno de Netanyahu e do seu propio lobby xudeo, todo parece indicar que a decisión está tomada. Falla por escoller o día e a hora máis conveniente.

Por último, Afganistán e Irak, lonxe de acadar a paz e a estabilidade prometida por décadas de inxustificables intervencións e permanente presencia militar occidental, sofren a violencia dos continuos enfrontamentos e atentados entre as forzas de ocupación e os resistentes de moi distinto signo.

Diante desta situación, a Coordinadora Galega pola Paz, considera necesario facer pública a presente Declaración sobre a base dos seguintes principios:

1º.- A crecente violencia bélica que vive Oriente Medio, particularmente, Palestina e Siria, xunto coas ameazas directas de intervención militar en Irán por parte do goberno israelí, significan un perigo de enorme gravidade para a paz e a seguridade na rexión, podendo contaxiar a inestabilidade e a guerra a todo o Mediterráneo.

2º.- As Nacións Unidas están obrigadas a facer realidade o fin para o que foron concibidas, evitar ós nosos fillos o horror da guerra, de tal maneira que deberían despregar todo o seu potencial diplomático, económico e político para acadar un alto o fogo en Siria, establecer corredores humanitarios, a apertura de negociacións entre as partes, e a presencia inmediata de cascos azuis que eviten máis derramamentos de sangue.

3º.- Unha intervención militar israelí contra das instalacións nucleares de Irán, aínda que demorase por anos o seu ingreso nas potencias atómicas, contribuiría a fortalecer ó réxime teocrático e, moi probablemente, conlevaría unha inmediata resposta militar que abriría un novo conflito bélico de imprevisibles consecuencias, nunha zona xa de por si espoliada pola guerra e a inestabilidade.

4º.- Frear as tentacións belicistas e expansionistas do sionismo, facerlle cumprir o dereito internacional e as resolucións das Nacións Unidas, impedir novos asentamentos en territorio palestino, derrubar os muros da vergoña e rematar coa violencia indiscriminada, non parece tarefa fácil. En calquera caso, corresponde á comunidade internacional e de maneira moi especial, á Unión Europea, recuperar o protagonismo e actuar diplomática e politicamente, mesmo impoñendo as sancións que fosen necesarias, para que o goberno israelí cumpra e deixe de poñer en perigo a paz na rexión e no mundo.

5º.- Somos a cidadanía global, a sociedade civil organizada de cada país, os homes e mulleres de paz en todo o mundo, quen temos que interpelar ós nosos respectivos gobernos para asegurar o cumprimento das normas internacionais, frear as ameazas á paz, reclamar a resolución pacífica dos conflitos, promover o diálogo e o entendemento, a negociación política, e a primacía da palabra e da diplomacia fronte da violencia e a imposición.

Con estes criterios, a Coordinadora Galega pola Paz poñerá en marcha diversas iniciativas que teñen por obxecto difundir entre a cidadanía galega a idea de que a violencia crecente en Oriente Medio significa unha ameaza -tamén crecente-, para todas e todos nos, así como para a paz mundial.

Entre as iniciativas a promover queremos salientar as seguintes:

1. Presentacións públicas da presente Declaración en diversos Actos Cívicos que terán lugar nas principais vilas e cidades de Galicia.
2. Facilitar a sinatura da mesma nas redes sociais co obxecto de facerlla chegar ó goberno español, á Comisión Europea, ás Nacións Unidas, así como ás partes enfrontadas.
3. Propiciar declaracións municipais e parlamentarias pola paz e contra da violencia en Oriente Medio sobre a base da Declaración precedente.
4. Alertar á cidadanía das posibilidades reais dunha próxima intervención militar en Irán, das gravísimas consecuencias que tal situación podería ter para a nosa sociedade, e demandar o seu compromiso pacifista participando en todas as convocatorias que a Coordinadora Galega pola Paz poñerá en marcha de inmediato.

COORDINADORA GALEGA POLA PAZ
Adega,Asociación Chambo, Asociación Pola Esquerda,Asociacións de Mulleres Recandea,AS-PG, BNG, CAE,CAF,CIG, Coordinadora de Creentes Galegos, Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento, EU-IU, Federación Ecoloxista Galega, Foro Galego da Inmigración, Fundación Araguaney, Fundación para a Igualdade María Xosé Arcos, Fundación 10 de Marzo, Fundación Luís Tilve, Galiza Nova, Grupo de Obxección Fiscal Galega, IGADI, INTERED Galicia, INTERMON- OXFAN, Movemento Rural Cristián, Mulleres Cristiás Galegas, PSdG- PSOE, Seminario Galego de Educación para a Paz, SLG-CC.LL, SN de CC.OO de Galicia,Solidariedade Internacional, STEG,UGT- Galicia, Unión de Estudiantes Árabes, UU.AA, Voluntariado Social ROGAS,Xustiza e Sociedade,Xuventude Comunista Galega, Xuventudes Socialistas de Galicia.

Firma La Campaña

Firma con Facebook
O

Si ya tienes una cuenta de acceso, de otra manera proceder a la matriculación y llenar los campos de abajoo.
Nombre de usuario, e-mail y la contraseña será de su cuenta, por lo que pueden firmar campañas de otros después de registrar.

Privacidad en los motores de búsqueda? Puede utilizar un apodo:

Cuidado, el e-mail tiene que ser válido para poder convalidar tu firma, sino será anulada.

Confirmo el registro y acepto Uso y limitaciones de los servicios

Confirmo que he leído la Política de privacidad

Acepto el procesamiento de datos personales

Tablón De Anuncios

Quién ha firmado esta petición también ha visto estas campañas:

Firma La Campaña

Firma con Facebook
O

Si ya tienes una cuenta de acceso

Comment

Confirmo el registro y acepto Uso y limitaciones de los servicios

Confirmo que he leído la Política de privacidad

Acepto el procesamiento de datos personales

Objetivo de la campaña
3 / 1000

Firmas Recientes

Información

Seminario Galego de Educación para a PazPor:
Política internacionalIn:
Destinatario de la campaña:
Goberno do Estado español, Unión Europea, Nacións Unidas

Patrocinadores oficiales de la campaña:
Coordinadora Galega pola Paz

Etiquetas

afganistan, irak, oriente medio, palestina, paz, siria

Comparte

Invita a los amigos de tu agenda

Códigos Para La Incorporación

URL directa

URL para html

URL para forum sin título

URL para forum con título

Widgets