ALEGACIÓNS ENCE-ELNOSA firmar ahora

Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS.
XUNTA DE GALICIA.- SANTIAGO DE COMPOSTELA


por medio deste escrito e dentro do prazo fixado no DOG do 1 de xullo de 2011 no que se publican os anuncios polos que se someten a información pública as solicitudes de renovación das autorizacións ambientais integradas (AAI) de ENCE (expediente 2011-IPPC-M-10) e ELNOSA (expediente 2011-IPPC-M-13), quere oporse á renovación das anteditas AAI formulando as seguintes:

ALEGACIÓNS

1ª.- En ningún dos expedientes citados figura o Informe do Concello de Pontevedra que acredite a compatibilidade do proxecto co planeamento urbanístico, nin sequera a copia da solicitude dos mesmos por parte de ENCE ou ELNOSA, un trámite imprescindíbel para que as solicitudes de renovación das citadas AAI se axusten á legalidade (artigos 12.1-b e 15 da Lei 16/2002 de prevención e control integrados da contaminación e artigo 7 do Real Decreto 509/2007 que desenvolve a citada Lei). Ao non existir estes informes, ou sen que conste a solicitude dos mesmos, procede pór fin aos procedementos de renovación das AAI solicitadas, tanto no caso de ENCE como no de ELNOSA.

2ª.- As AAI de ENCE e ELNOSA incumpren a lexislación en materia de vertidos ao permitírenlle verter mercurio –e tamén cadmio, no caso de ENCE- á Ría, algo prohibido pola Lei 9/2010 de Augas de Galicia agás para o caso de que estes vertidos se produzan como resultado do arrastre inevitábel destes metais contidos nas materias primas usadas no proceso industrial, circunstancia que non se cumpre nin no caso de ENCE nin no de ELNOSA. Trátase, en ámbolos dous casos, de AAI contrarias ao dereito e, xa que logo, non se poden renovar sen adaptar previamente os parámetros de vertido á legalidade medioambiental vixente.

3ª.- Do mesmo xeito, a AAI de ENCE fixa valores para DBO, DQO, SS, N e P de 2.250, 9.000, 2.250, 810 e 108 Kg/día respectivamente, moi superiores aos fixados no Real Decreto 509/1996 que desenvolve o 11/1995 que á súa vez adecúa á normativa española a directiva 91/271 CEE de augas residuais urbanas, unha lexislación de aplicación a ENCE, cuxas augas pódense definir como augas residuais urbanas de acordo coa citada lexislación. En efecto, esta normativa define augas residuais urbanas como “tanto as augas residuais que proveñen de núcleos urbanos, como aquelas industriais que saen ao medio receptor xunto con augas residuais desta natureza”. O mesmo pódese dicir para o caso da AAI de ELNOSA, que fixa valores de 250 mg/L para a DQO cando a lexislación citada para augas residuais urbanas establece un valor máximo de 125 mg/L para este parámetro.

Por todo o exposto,

SOLICITA:

que tendo por presentado este escrito, se teñan por feitas as anteriores alegacións en tempo e forma aos expedientes 2011-IPPC-M-10 e 2011-IPPC-M-13 e, unha vez cumpridos os trámites procedentes, se poña fin aos procedementos polo incumprimento do disposto nos artigos 12.1-b e 15 da Lei 16/2002 e no artigo 7 do Real Decreto 509/2007 que a desenvolve.

Para o caso de que non se admita a petición anterior, con reserva dos recursos que procedan, interésase a denegación das renovacións das AAI solicitadas por ENCE e ELNOSA en base ás demais alegacións

Firma La Campaña

Firma con Facebook
O

Si ya tienes una cuenta de acceso, de otra manera proceder a la matriculación y llenar los campos de abajoo.
Nombre de usuario, e-mail y la contraseña será de su cuenta, por lo que pueden firmar campañas de otros después de registrar.

Privacidad en los motores de búsqueda? Puede utilizar un apodo:

Cuidado, el e-mail tiene que ser válido para poder convalidar tu firma, sino será anulada.

Confirmo el registro y acepto Uso y limitaciones de los servicios

Confirmo que he leído la Política de privacidad

Acepto el procesamiento de datos personales

Tablón De Anuncios

Quién ha firmado esta petición también ha visto estas campañas:

Firma La Campaña

Firma con Facebook
O

Si ya tienes una cuenta de acceso

Comment

Confirmo el registro y acepto Uso y limitaciones de los servicios

Confirmo que he leído la Política de privacidad

Acepto el procesamiento de datos personales

Objetivo de la campaña
2 / 500000

Firmas Recientes

Información

Etiquetas

celulosa, contaminación, elnosa, ence, pontevedra

Comparte

Invita a los amigos de tu agenda

Códigos Para La Incorporación

URL directa

URL para html

URL para forum sin título

URL para forum con título

Widgets